5/04/2020

,

San Vicente Ferrer
Menu

Non esquezamos aos máis necesitados: como colaborar cos comedores sociais durante esta pandemia

Non esquezamos aos máis necesitados: como colaborar cos comedores sociais durante esta pandemia

Os comedores sociais de Vigo, o Comedor da Esperanza no Berbés e o Comedor da Misión do Silencio na rúa Urzáiz estableceron unha nova forma de servir ás persoas que acoden cada día para alimentarse. Cada día son arredor de 200 persoas. Aténdeselles na entrada do comedor. Fáiselles entrega do necesario para a súa alimentación, de xeito que o poidan levar.

Ante esta situación teñen xurdido novas necesidades. Por iso é necesaria a colaboración con doazóns de envases dun só uso (tupper), útiles de plástico para a comida: vasos, garfos, coitelos; alimentos: leite, conservas, fiambre. E por último mais non menos importante: ao estar restrinxido o uso das fontes de auga pública na cidade, precísanse botellíns de auga.

Para organizar a recollida de doazóns temos habilitado tres lugares:

  • Parroquia do Sagrado Corazón de Vigo, na rúa Rosalía de Castro en horario de 10 a 12 da mañá
  • Parroquia de San Antonio da Florida, rúa Fot. José Gil de 11 a 13h e de 18 a 20 h.
  • Colexio San José de Cluny, rúa Carballo, de 10 a 18 h.

Tense habilitado unha conta de emerxencia en Cáritas diocesana destinada a este servizo:

 ES39/ 2080- 5000- 683040300568

Á hora de entregar o donativo especifique no concepto: “Axuda Comedores”

Nesta situación pedímosvos que sigamos expandindo unha marea de caridade. Dende a oración, teñamos presentes aos máis necesitados, aos enfermos e as súas familias, aos profesionais da sanidade e a tódolos que seguen poñendo o seu esforzo para saír adiante.

O Delegado Episcopal de Acción Caritativa e Social xunto co diretor de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo publicaron esta circular para os párrocos, e habilitouse un certificado acreditativo individual de necesidade de desprazamento persoal para os voluntarios, que pode descargarse aquí.

Ademáis, o Servizo de Apoio Psicolóxico de Cáritas vén de forecer a tódalas familias esta indicacións que poden ser de utilidade para vivir este tempo de cuarentena.

Que María, Nai de Misericordia, nos axude a manter a fortaleza e o ánimo.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest