18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

«Non hai Nadal sen un “fágase”»

«Non hai Nadal sen un “fágase”»

O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía organizada pola delegación episcopal de Apostolado Segrar para celebrar o Nadal cos movementos, asociacións  laicais e delegacións diocesanas, na parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita ás 18:00.  Concelebrando estaban o delegado de Apostolado Segrar, Juan José González, o consiliario de Acción Católica, Samuel Montes, o delegado de Pastoral Vocacional, Ángel Carnicero, e o párroco de San Xosé Obreiro, Santiago Pérez.

Tras a lectura da Palabra, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, lembrou aos presentes que «non hai Nadal sen un “fágase”», convidando aos alí congregados a vivir estes días poñendo a súa confianza na escóitaa atenta de Xesús. Só deste xeito, explicou, poderemos aprender a ler a acción de Deus na nosa vida e na nosa Diocese, dentro do contexto social actual que está cargado de dificultades. 

Nesta ocasión, houbo tamén momento para lembrar a todas as persoas defuntas da Diocese. Con especial agarimo, mencionouse ás recentemente falecidas, María del Carmen  robas e Cristina de Castro, delegadas de Apostolado do Mar nos últimos anos.

Habitualmente, esta celebración tiña lugar na capela da Acción Católica no edificio de Vázquez Varela, onde reside a sede de moitos dos movementos, asociacións e delegacións que asistiron ao acto. O obxectivo é crear un lugar de encontro para fortalecer os vínculos de comuñón entre as diferentes realidades pastorais da Igrexa de Tui-Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp