O sábado 31 de maio, ás 18:00 horas, a parroquia-santuario da nosa Señora da Franqueira comeza os actos organizados en honra á súa patroa para celebrar a romaría das Pascuillas, baixo o lema «Nosa Señora dá Franqueira, divina fonte de grazas». A partir deste día, haberá rezo do rosario e da novena, seguida da eucaristía: de luns a sábado , ás 18.00 horas; e, os domingos, ás 16.30 horas.
O luns 9 de xuño, día da romaría das Pascuillas, a partir das 09.00 horas, realizarase a acollida das peregrinacións no Outeiro e celebraranse misas no santuario ás 09.00, 10.00 e 11.00 horas. A as 12:00 horas, no Outeiro, dará comezo a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo; nesta ocasión, a ofrenda realizaraa a parroquia de Santa Baia de Mondariz . Ao finalizar a eucaristía, haberá procesión coas imaxes ata o atrio do santuario.
A partir das 15.30 horas do luns 9 de xuño, despedirase ás imaxes que acudisen ao santuario peregrinando e a misa de clausura, seguida do canto de sálve, será ás 18.30 horas.
Intencións da novena
Este ano, o santuario da nosa Señora da Franqueira foi decretado templo xubilar con motivo do Xubileu 2025, que o papa Francisco convocou baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Por iso, ao longo da novena, a parroquia da Franqueira pedirá, de maneira especial, polos distintos signos de esperanza descritos na bula de convocatoria do Xubileu. Ademais, o 1 de xuño realizarase a bendición dos enfermos e maiores e o domingo 8 de xuño, haberá unha oración de Pentecostés e colecta para Cáritas.