O domingo, 22 de novembro, ás 17:00, a parroquia da nosa Señora do Rocío de Vigo celebraba as vodas de ouro da súa creación cunha Eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, nun día no que a Iglesia conmemora a festa de Cristo Rey do Universo.
A historia da nosa Señora do Rocío de Coia inaugurouse en novembro de 1970 grazas ao traballo conxunto do seu párroco, Emilio Velasco, e dun grupo de fregueses; dous deles, José Goberna e Águeda Comesaña, cederon o baixo da súa vivenda no que comezaron celebrando a Eucaristía ata a creación do templo. Actualmente, a tarefa iniciada por Emilio Velasco, quen faleceu o pasado ano, continúaa Santiago Vega.
Despois da proclamación do Evanxeo, o bispo, Luís Quinteiro, agradeceu o traballo que a comunidade cristiá ven realizando durante os últimos cincuenta anos. Xunto a súa acción de grazas, Luís Quinteiro explicou que a Iglesia está permanentemente en reforma, e convidou os presentes a renovar a Igrexa a través da evanxelización, seguindo o exemplo das primeiras comunidades cristiás —descritas no libro dos Feitos dos Apóstolos— que compartían a ilusión da vida.
Ao final da celebración, previamente á bendición, a parroquia entregou un ramo de flores a Águeda Comesaña en agradecemento pola súa entrega á parroquia, que comezou ao ceder o baixo da súa vivenda en 1970.