De acordo ás medidas publicadas no BOE do 20 de abril de 2022, polas que o uso da máscara deixa de ser obrigatorio en interiores, con excepción dunha serie de lugares entre os que non se inclúen os lugares de culto e outros centros de actividade pastoral. Dende a Provincia Eclesiástica, propoñemos os siguintes criterios de actuación:
1.-A máscara deixa de ser obrigatoria. Sen embargo, recoméndase o seu uso:
- Nas celebracións litúrxicas e noutras actividades pastorais, cando por un tempo prolongado participen nelas persoas vulnerables ante a infección por COVID-19, e non sexa posible manter a distancia de 1,5 metros.
- Por parte do celebrante ou outros ministros no momento da comuñón e cando na celebración doutros sacramentos haxa proximidade cos fieis. Así mesmo recoméndase o uso de xel hidroalcohólico previa e posteriormente á comuñón dos fieis e ás uncións realizadas nos diferentes sacramentos.
2.- Nos templos e lugares onde se realice calquera actividade pastoral manterase xel hidroalcohólico a disposición dos fieis e garantirase unha adecuada ventilación e limpeza dos mesmos.
3.-Salvo naqueles lugares expresamente citados no Real Decreto 286/2022 do 19 de abril, a saber, residencias de maiores/centros sociosanitarios e hospitais, nos cales nos atemos ás prescricións do lugar, recuperemos con prudencia e normalidade a praxe litúrxica establecida.
4.- Estes criterios de actuación quedan supeditados aos cambios normativos que se vaian producindo de acordo ao establecido polas autoridades sanitarias, e téñense que aplicar con prudencia, responsabilidade e moito sentido común. Sigamos orando ao Deus da vida para que afaste de nós todo perigo e coidémonos uns a outros con responsabilidade.