O domingo 22 de xuño, celebraremos a solemnidade do Santísimo Carpo e Sangue de Cristo, un momento destacado no calendario relixioso da cidade.
A este respecto, lémbrase as normas relativas á procesión dese día, recollidas no Código de Dereito Canónico (c. 944,1) e no Ritual da Sagrada Comuñón e do Culto da Eucaristfa fóra da Misa (nº 102).
A procesión sairá da concatedral-basílica de Santa María ao remate da celebración eucarística vespertina, ao redor das 20.30 h., e percorrerá as rúas da nasa cidade polo itinerario de costume.
Os sacerdotes responsables das parroquias e os reiteres das igrexas da cidade de Vigo teñan a amabilidade de anunciar a procesión e convidar aos fieis a participar nesta homenaxe de amor e adoración a Xesús no Santísimo. Facemos extensiva esta petición aos conselleiros e presidentes das asociacións de fieis.
Todos, movidos pala nasa fe, debemos contribuír coa nasa presenza para que a solemnidade do Santísimo Sacramento se celebre coa dignidade e o respecto que merece e que contribúa a enriquecer a experiencia espiritual dos asistentes.
O bispo subliñou reiteradamente a importancia desta celebración, destacando como a procesión do Corpus Christi é unha ocasión para que os católicos renoven a súa devoción ao Santísimo Sacramento e dean testemuño público da súa fe.
Que o esforzo conxunto de todos —sacerdotes, relixiosos/as e segrares— acompañando o Santísimo Sacramento palas nasas rúas, garanta a solemnidade que se celebra e axude a afondar na fe e na contemplación do misterio eucarístico.