9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Nota da Vigairía Xeral sobre a solemnidade do Corpus Christi en Vigo

Nota da Vigairía Xeral sobre a solemnidade do Corpus Christi en Vigo

O domingo, 2 de xuño, celebraremos a solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo, un momento destacado no calendario relixioso da cidade de Vigo.

A este respecto, lémbrase as normas relativas á procesión dese día, recollidas no Código de Dereito Canónico (c. 944,1) e no Ritual da Sagrada Comuñón e do Culto da Eucaristía fóra da Misa (nº 102).

A procesión sairá da concatedral-basílica de Santa María ao redor das 20.30 horas, ao remate da celebración eucarística, e percorrerá as rúas habituais.

Os sacerdotes responsables das parroquias e os reitores das igrexas da cidade de Vigo teñan a amabilidade de anunciar a procesión e convidar aos fieis a participar nesta homenaxe de amor e adoración a Xesús no Santísimo. Facemos extensiva esta petición aos conselleiros e presidentes das asociacións de fieis.

Todos, movidos pola nosa fe, debemos contribuír coa nosa presenza para que a solemnidade do Santísimo Sacramento se celebre coa dignidade e o respecto que merece e que contribúa a enriquecer a experiencia espiritual dos asistentes.

O bispo subliñou reiteradamente a importancia desta celebración, destacando como a procesión do Corpus Christi é unha ocasión para que os católicos renoven a súa devoción ao Santísimo Sacramento e dean testemuño público da súa fe.

Que o esforzo conxunto de todos —sacerdotes, relixiosos/as e segrares— acompañando o Santísimo Sacramento polas nasas rúas, garanta a solemnidade que se celebra e axude a afondar na fe e na contemplación do misterio eucarístico.

Juan Luis Martínez Lorenzo,

Vigairo xeral da diocese de Tui-Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp