16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

Nota do Bispado de Tui-Vigo ante a denuncia de roubo nos arquivos diocesanos

Nota do Bispado de Tui-Vigo ante a denuncia de roubo nos arquivos diocesanos
Foto: Texto antiguo de la catedral de Tui durante el proceso de digitalización

Ante as informacións recentemente publicadas por diversos medios de comunicación sobre a denuncia interposta o pasado 3 de decembro de 2024, nas dependencias da Garda Civil de Tui, acerca do roubo no Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo Capitular, o Bispado de Tui-Vigo, lamentando o acontecido, quere manifestar:

  1. Que nada falta do inventario da catedral e o seu museo.
  2. Que, dos posibles obxectos subtraídos, no arquivo, estaban depositadas, para maior seguridade, pertenzas persoais do arquiveiro ou doadas a el para libre disposición en favor da Igrexa. Acerca dos documentos, de menor importancia, aos que alude a denuncia e que, como se di, estaban pendentes de catalogación —por tanto, sen rexistrar definitivamente—, só se bota en falta o contrato do arranxo dun retablo de 1780 e algún que outro legajo.
  3. Aínda que as medidas de seguridade na catedral e o seu arquivo están a ser coidadas, nada impide que no futuro se vaian implementando novos protocolos para unha maior seguridade
  4. De momento, o bispado non quere facer ningunha declaración por respecto ás investigacións abertas que, espera, poidan resolverse con prontitude.

Vigo, 9 de decembro de 2024.