18 de Febreiro de 2026,
San Eladio

Nota do bispo con motivo da Xornada Mundial da Pesca 2025

Nota do bispo con motivo da Xornada Mundial da Pesca 2025

Con motivo da Xornada Mundial da Pesca que se celebra o 21 de novembro, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, publicou unha nota na que agradece o labor que a delegación diocesana de Apostolado do Mar – Stella Maris desenvolve no noso territorio, en favor das persoas do sector marítimo-pesqueiro. Ao mesmo tempo, convida a toda a comunidade diocesana a «celebrar  este día coa esperanza que nos dá saber que non estamos sós e, aínda que poida parecer que non podemos nada, confiando nas palabras de Xesús no evanxeo, “xa que ti o dis, largarei o aparello” (Cfr. Lc 5,5), porque sempre podemos atopar sementes de esperanza»

A nota escrita polo prelado tudense fai referencia e introduce a mensaxe que o prefecto do Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral da Santa Sede, o cardeal Czerny, publicou con motivo, precisamente, da celebración desta xornada, baixo o lema «Non sacamos nada, pero se ti o dis, botarei as redes». Na súa mensaxe, o cardeal Czerny expresa que «é evidente que o coidado dos mares e da pesca vai intimamente ligado ao coidado das persoas. Ademais dos controis necesarios para que se apliquen as leis e medidas pertinentes para as condicións de traballo dos pescadores, nesta Xornada mundial da pesca é importante salientar a necesidade de velar pola defensa da dignidade dos pescadores e das súas familias, buscando o seu desenvolvemento integral».