19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll
19 de Maio de 2024

,

San Francisco Coll

Nota dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago ante a solemnidade de san Xosé

Nota dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago ante a solemnidade de san Xosé
Foto: Sagrada Familia, en A Santa Cruz de Fornelos

Neste ano 2023, os bispos da provincia eclesiástica de Galicia determinaron que coincidindo o día 19 de marzo, solemnidade de san Xosé e festa de precepto en España, co IV domingo de Coresma, prevalecerán liturxicamente as celebracións dominicais de Coresma. En consecuencia, co desexo de sinalar o tratamento debido que dita festa debe ter por parte da comunidade católica, e tendo en conta a importancia que san Xosé ten na vida da Igrexa e na tradición cristiá dos nosos pobos, os bispos da provincia eclesiástica de Santiago, para coñecemento dos fieis, dispoñemos:

  1. Trasladar ao luns 20 de marzo, a festividade litúrxica de san Xosé. Con todo, o traslado da Solemnidade non implica o traslado do precepto. Por tanto, o 20 de marzo, luns, non é día de precepto. O fiel cristián que participe na eucaristía dominical cumprirá o precepto de san Xosé.
  2. Seguindo o calendario litúrxico, a solemnidade de san Xosé celebrarase unicamente ao longo do día 20 de marzo. Convídase os fieis a que, na medida das súas posibilidades, participen na eucaristía deste día.
  3. Por razóns pastorais, a xornada do Día do Seminario celebrarase a tarde do sábado, día 18, e o domingo, día 19 de marzo.

A persoa e a vida de San Xosé teñen na historia da nosa salvación unha importancia que foi recoñecida sempre pola Santa Igrexa, a cal nas súas leis canónicas e na súa disciplina litúrxica propón a súa festa como día de precepto (cf. canon 1246). Tradicionalmente o pobo cristián secundou esta norma dando un significativo realce familiar e social á festa do 19 de marzo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp