Estimados en Cristo:
O Secretario da Conferencia Episcopal Española ven de informar ao Sr. Bispo que o Presidente da CEE, Mons. Juan José Omella, está en diálogo co Ministerio de Sanidad para establecer as condicións de reapertura do culto público, unha vez se inicie o proceso de desescalada do confinamento.
Informarase das medidas que propoñan adoptar para procurar entre todos a unidade de actuación.
Mentres tanto mantémonos unidos aos nosos fieis no espírito e na pregaria.
Saúdos e saúde.
J. Vidal