19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

A Vigairía de Pastoral anima aos presbíteros e aos fieis a ser responsables durante o Nadal

A Vigairía de Pastoral anima aos presbíteros e aos fieis a ser responsables durante o Nadal

A Vigairía de Pastoral publica unha nova nota informativa ante as novas restricións estipuladas pola Xunta de Galicia que entraron en vigor onte, 17 de decembro. Con tal motivo, desde a Vigairía convídase aos  presbíteros a ser responsables e exemplares na execución das normas indicadas polas autoridades, animando así aos fieis a cumprilas.

Ademais, para as parroquias que habitualmente celebren a Misa de Medianoite, máis coñecida como “Misa do Gallo”, convén lembrar que o 24 de decembro continuará vixente o toque de queda, aínda que será desde a 01:30 ás 06:00 da madrugada.

No caso de manter a Adoración do Neno Xesús deberase realizar un xesto que non implique bicar nin tocar a imaxe como, por exemplo, facer o sinal da cruz, unha reverencia ou unha xenuflexión.

Toda a información pode consultarse no documento creado polo vigairo de pastoral, José Vidal.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp