9/05/2021

,

VI Domingo de Pascua

Redúcese o aforo dos lugares de culto de 9 concellos da Diocese de Tui-Vigo

Redúcese o aforo dos lugares de culto de 9 concellos da Diocese de Tui-Vigo

O mércores, 4 de novembro, a Xunta de Galicia acaba de aprobar o decreto 179/2020 no que se recollen novas medidas sanitarias para facer fronte á actual crise sanitaria dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que afectan á vida pastoral da Diocese de Tui-Vigo. Con tal motivo, a Vigairía de Pastoral informa á comunidade diocesana como afectan ditas aos lugares de culto e á celebración dos  sacramentos cristiáns.

Estas novas restricións afectan especialmente as parroquias situadas en 9 concellos da Diocese de Tui-Vigo Gondomar, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontecaldelas, Porriño, Redondela, Tui e Vigo, cuxa asistencia aos lugares de culto non poderá superar o máximo de 25 persoas. No resto de concellos non enumerados, a asistencia máxima será de 50 persoas desde onte, 5 de novembro.

Nota-de-la-vicaria-06-11-2020_GAL

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp