16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Nova edición de “For (You) Mate”: os mozos vanse acercar á persoa de Xesús dende o Evanxeo de San Mateo

Nova edición de “For (You) Mate”: os mozos vanse acercar á persoa de Xesús dende o Evanxeo de San Mateo

Este martes, 24 de febreiro, a Pastoral Xuvenil Universitaria inicia unha nova edición de “For (You) Mate”, oito martes de formación para os mozos da diocese de Tui-Vigo. Este ano a temática xirará en torno á persoa de Xesús dende o Evanxeo de San Mateo.

A actividade, que leva anos enchéndose de mozos, se fai todos os martes de 20:00 horas a 21:30 horas no local da Pastoral Xuvenil, situado na Avenida García Barbón, nº 29, 1ºB. O formato das sesións inclúe un momento de acollida que axudará a crear comunidade entre todos, a charla formativa, un compartir en grupos e un momento último de oración. A cea será conxunta, de forma que cada un ademais da propia levará algo para compartir.

As oito sesións se dividirán nos seguintes apartados:

  • PRIMEIRA SESIÓN: Enmanuel
  • SEGUNDA SESIÓN: Discurso da montaña
  • TERCEIRA SESIÓN: Discurso misioneiro
  • CUARTA SESIÓN: Discurso sobre o Reino
  • QUINTA SESIÓN: Discurso sobre a Igrexa
  • SEXTA SESIÓN: Discurso Escatolóxico
  • SÉTIMA SESIÓN: A Paixón e Morte
  • OITAVA SESIÓN: Resurrección, encontro co Resucitado e Ascensión

Para máis información podes contactar coa delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo, a través do seguinte número de teléfono: 672 11 90 39.