19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Nova sesión do XIII Ciclo de música relixiosa San Martiño Barcia de Mera

Nova sesión do XIII Ciclo de música relixiosa San Martiño Barcia de Mera

Este sábado, 26 de xuño, o violinista  Florian  Vlash e a  chelista  Ruslana  Prokopenko participarán no  XIII Ciclo de música  relixiosa San Martiño de Barcia de Mera, interpretando obras de Juan Durán e  Octavio Vázquez, entre outros, nunha sesión titulada «Galicia en  oito  cordas» que comezará ás 20 horas.

Debido ás limitacións de aforo a causa do covid-19, será necesario reservar entrada previamente na recepción do balneario de Mondariz ou a través do número de teléfono: 658 627 525. O custo da entrada será de 5€.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo, acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de sete concertos programados desde abril ata setembro. Este ano os asistentes poderán gozar de novas producións como “ Vésperas  na honra de  san Martiño” interpretada polo grupo  Vox  Stellae  Ensemble, ou a ópera “María Estuardo” con música de Schiller e Donizetti.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp