25 de Xaneiro de 2025,
La conversión de San Pablo

Nova vida para o reloxo de San Julián de Guláns

Nova vida para o reloxo de San Julián de Guláns
Foto: Cartel publicitario de la presentación del libro «O reloxo de San Xulián de Guláns 236 anos despois».

A parroquia de San Xulián de Guláns, situada no  concello de Ponteareas, redescubriu a maquinaria dun antigo reloxo que data, aproximadamente, de finais do século  XVIII ou principios do século  XIX, grazas á afección dun ponteareán, José Higinio Suárez, que mostrou interese por esta peza antes do inicio da pandemia da Covid-19.

O achado desta antiga maquinaria que se escondía entre as paredes de pedra do templo parroquial espertou o interese de historiadores do concello que comezaron a súa investigación para saber a procedencia desta peza. A investigación desembocou na publicación do libro: O  reloxo de San Xulián de Guláns 235 anos  despois.

Este sábado, 25 de setembro, ás 12 horas, o libro será presentado no museo A casa do reloxo de Ponteareas e contará coas intervencións de  Estanislao Fernández da  Cigoña Núñez, editor do libro; José Higinio Suárez Garra, escritor e restaurador da maquinaria; e Gonzalo Otero Martínez, párroco de Guláns.

Ademais desta presentación do libro, o vindeiro domingo, 3 de outubro, tras a eucaristía das 12 horas, a parroquia de San Xuliáns de Guláns inaugurará a maquinaria que permanecerá exposta de maneira gratuíta no interior do templo parroquial para quen desexe visitar esta antigüidade que forma parte do patrimonio cultural da comunidade de Guláns.