19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Novas orientacións para a catequese nas parroquias de Galicia en Fase 2

Novas orientacións para a catequese nas parroquias de Galicia en Fase 2

A publicación do DOG do pasado 21 de outubro de 2020 estipula novas restricións sociais que pretenden frear o avance da segunda onda do COVID-19 que está a atacar Galicia. Entre as actividades afectadas atópase a catequese.

Con tal motivo, os Secretariados de Catequeses de Galicia poñen ao dispor das comunidades parroquiais novas orientacións que resumen as restricións para o ámbito  catequético naqueles lugares que se atopan en Fase 2, na que aínda queda permitida a catequese de maneira presencial. No caso das parroquias que se atopan xa en Fase 3, a catequese trasládase ao ámbito familiar.

As novas medidas, que acaba de publicar a Xunta de Galicia e afectan o ámbito da catequese, estarán en vigor durante un período de 14 días naturais desde a súa entrada en vigor o pasado xoves, 22 de outubro, ás doce da noite. A Consellería de  Sanidade poderá modificar (endurecer) ou levantar estas medidas antes dese tempo, en función da evolución da situación sanitaria.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp