12 de Abril de 2026,
San Julio I

Nove adultos bautizáronse en Vigo e vinte e sete recibiron a Confirmación

Nove adultos bautizáronse en Vigo e vinte e sete recibiron a Confirmación
FOTO.- El grupo de adultos que fue bautizado y los que recibieron sólo la Confirmación tras la eucaristía | © Noelia Reyes

O domingo, 1 de xuño, ás 20.00 horas, na concatedral-basílica de Santa María en Vigo, nove persoas adultas recibiron os sacramentos de iniciación cristiá: Bautismo, Eucaristía (a súa primeira comuñón) e Confirmación. Ademais, sumáronse  outros 27 adultos de diferentes parroquias da diocese de Tui-Vigo para recibir o sacramento da Confirmación. A celebración estivo presidida polo bispo emérito, monseñor Luís Quinteiro.

No marco da festa litúrxica da Ascensión, celebrada o 1 de xuño, o emérito lembrou que «a gran misión de la Iglesia é anunciar a Xesucristo, chegar a todas as persoas que queiran de corazón unirse ao pobo cristián. Por tanto, é momento de sentir a responsabilidade desta misión que o Señor nos deixou, sabendo que el permanece unido a nós».

Tendo en conta que, cada vez, menos persoas —nenos, mozos e adultos— achéganse aos sacramentos, monseñor Luís Quinteiro declarou que, con esta celebración, a diocese de Tui-Vigo vive «un momento moi importante, porque a graza de Deus segue chamando. Deus segue buscando. E cando Deus quere, de novo, acoden fieis ao encontro de Xesús». Neste sentido, agradeceu o testemuño dos nove adultos que, posteriormente, recibiron o Bautismo; a eles pediulles que aprendesen a discernir «como responder á chamada de Deus», sabendo que «será a Palabra de Deus proclamada e meditada, compartida e vivida, xunto coa Eucaristía, a que nos alimente e nos fortalece, a que non soamente dará forza á nosa vida, senón tamén un modo de pensar crente, esencial para a nosa vida».

Miryam, natural de Venezuela e residente en Vigo desde o pasado ano, comezou en outubro a prepararse para recibir estes sacramentos de iniciación cristiá. Procedente dunha familia “mixta” —a súa nai, católica e o seu pai, Testemuña de Xehová—, o seu achegamento á Igrexa católica chegou a través dos seus fillos que si están bautizados. Miryam explica que «cando decidín dar este paso de comezar as clases do catecumenado pasaron moitísimas trabas para que non fose, non chegase a tempo, pero sempre con fe, mente positiva e da man de Deus logrouse».

Como Miryam, Aythani tamén formou parte do grupo de catecumenado de adultos. Aos seus 19 anos, declara dar este paso de bautizarse libremente, grazas á axuda do seu tío e padriño que lle acompañou durante todo o proceso. «Para min é verídico e estou contento de poder formar parte da familia da Igrexa», expresa.

En outubro de 2024, este grupo de nove persoas de diferentes realidades e idades comezaron o seu itinerario catequético co obxectivo de recibir os sacramentos durante o tempo litúrxico da Pascua —que finalizou o domingo, 1 de xuño, coa festa da Ascensión do Señor aos ceos—.

O 9 de novembro de 2023, o bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, decretaba a institución do catecumenado para as persoas adultas que pedisen ser incorporadas á Igrexa mediante os sacramentos de iniciación cristiá. A través da creación do Secretariado diocesano para o Catecumenado, a diocese de Tui-Vigo ofrece orientacións para axudar ás persoas interesadas neste proceso, a creación dunha «escola diocesana para o catecumenado» ou a elaboración dos documentos e materiais necesarios para este proceso, entre outros labores.

Nueve adultos son bautizados y veintisete reciben la Confirmación en Vigo (2025) | © Noelia Reyes
« de 28 »