28/09/2022

,

San Wenceslao
28/09/2022

,

San Wenceslao

Novena en honra á Virxe de Fátima en Vigo

Novena en honra á Virxe de Fátima en Vigo

A parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo prepárase para celebrar a festividade da súa patroa o vindeiro martes, 13 de outubro. A novena en honra da Virxe comezou o pasado domingo.

Durante toda esta semana, os fregueses da parroquia e todos aqueles devotos de Fátima poderán asistir á novena que se celebrará en horario de mañá ás 09:00 e ás 12:00. Durante a tarde, a Eucaristía será ás 19:00.

O martes 13 de outubro, festividade da nosa Señora de Fátima, as misas en honra á Virxe serán: pola mañá ás 09:00, 11:00 e 12:00; e pola tarde, á 13:00, ás 19:00 e ás 20:00.  Previamente, haberá rezo do rosario e, ás 18:00 da tarde, exposición do Santísimo Sacramento. Ademais, ao longo de todo o día, quen o desexe poderán recibir o sacramento da reconciliación.

Desde a parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima rogan manter as normas establecidas polas autoridades sanitarias con motivo do COVID-19: uso obrigatorio de máscara no interior do templo e xel hidroalcohólico na entrada. Debido precisamente á situación de pandemia, queda suprimida a tradicional procesión que se realizaba o 13 de outubro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp