O martes 19 de maio ás 12:00 hrs., no edificio do antigo museo diocesano (Praza do Concello s/nº, Tui), tivo lugar a firma da Acta de inicio e replanteo de obra do novo arquivo histórico diocesano e catedralicio.
Á firma asistiron o bispo da Diocese Mons. D. Antonio Valín, os arquitectos de dita obra D. Iago Seara e D. Juan Orozco, así como responsables da empresa constructora Gallaecia, quen será a encargada de levar a cabo a execución da obra.
Esta importante obra diocesana foi posible grazas á colaboración entre a Diocese e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana (MIVAU), a través do Programa 2% Cultural. Dito programa é unha iniciativa de axudas públicas destinada a cofinanciar traballos de conservación, rehabilitación e posta en valor de bens inmobles que forman parte do Patrimonio Histórico Español, fomentando o uso público e a rexeneración urbana ou rural (MIVAU).



