5 de Marzo de 2026,
San Lucio

O 7 de xuño, a delegación de Pastoral da Saúde organiza o rezo do Via Lucis

O 7 de xuño, a delegación de Pastoral da Saúde organiza o rezo do Via Lucis

Este sábado, 7 de xuño, a as 10.00 horasno monte Alba —en Valadares—, a delegación de Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo organiza un encontro pascual durante o que se rezará o Via Lucis, para celebrar a forza da comuñón e a alegría da Pascua, baixo o lema «Do Alba á misión». Esta actividade, prevista na Programación Pastoral para o día 26 de abril, foi aprazada ao coincidir co funeral do papa Francisco en Roma.

Tras o rezo do Laudes na capela da Nosa Señora do Alba, comezará o descenso rezando o Via Lucis, que consta de 14 paradas nas que se proclamará un texto bíblico acompañado de diversos testemuños para manifestar a presenza de Cristo Vivo no cotián dos distintos ámbitos diocesanos. Ao terminar, haberá posibilidade de participar nunha comida de confraternización —a comida ten un custo de 13 euros por persoa—. Os interesados en participar poden inscribirse a través do número de teléfono 608 28 06 55, antes mércores 4 de xuño.

O Via Lucis consiste na contemplación de 14 escena extraídas dos Evanxeo e dos Feitos dos Apóstolos, que continúan a historia da Paixón. Esta devoción popular adoita rezarse especialmente no tempo de Pascua e os seus antecedentes atópanse nas catacumbas de santo Calixto en Roma que, en 1988, inspiraron ao sacerdote salesiano Sabino Palumbieri, fundador do movemento Testemuñas do Resucitado; el elaborou unha primeira lista de 14 estacións.