20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

O arcebispo de Braga, pregoeiro da Semana Santa viguesa

O arcebispo de Braga, pregoeiro da Semana Santa viguesa

Hoxe, mércores 22 de febreiro, coincidindo co inicio da Coresma, a delegación episcopal para a Semana Santa de Vigo acaba de anunciar que Mons. José Manuel Garcia Cordeiro, arcebispo de Braga, aceptou a invitación do bispo de Tui-Vigo para ser o pregoeiro que anuncie este ano os actos da Semana Santa viguesa. A lectura do pregón terá lugar na concatedral-basílica, o 23 de marzo, quedando para máis adiante a determinación da hora.

A elección do pregoeiro non foi fortuíta. O interese do bispo e os seus colaboradores por poñer en valor o sentido relixioso da Semana Santa da nosa cidade propicia a elección de persoas que contribúan coa súa autoridade a ese obxectivo, como o caso do arcebispo de Braga, nun ano de especial importancia para o país luso que, do 1 ao 6 de agosto de 2023, acollerá a Xornada Mundial da Mocidade que o papa Francisco convocou en Lisboa. Ninguén mellor que o arcebispo bracarense para proclamar entre nós a importancia para a vida cristiá de eventos deste tipo, como a JMJ, que permiten coñecer o sentido universal da Igrexa.

A través da delegación para a Semana Santa de Vigo que, desde xullo de 2021, preside Carlos Borrás Díaz de Rábago, a diocese de Tui-Vigo quere dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do Concello vigués e impulsar as expresións de fe na semana principal do calendario cristián. Para iso, están a manterse diversas reunións de coordinación cos párrocos da cidade, así como diversas confrarías e asociacións de fieis, a fin de canalizar adecuadamente eses propósitos.  

Ademais da organización do pregón, a delegación para a Semana Santa de Vigo traballa na programación dos distintos actos que conforman esta imprescindible cita do calendario católico.

 Sobre Mons. José Manuel Garcia Cordeiro, arcebispo de Braga

Mons. José M. García Cordeiro naceu en 1967 en Vila Nova de Seles (Angola). Foi ordenado sacerdote en 1991, incardinándose na diocese de Bragança-Miranda. En 1991, foi nomeado formador no Seminario diocesano e capelán do Instituto Politécnico de Bragança.

En 2001, licenciouse en Liturxia no Pontificio Ateneo e Colexio Santo Anselmo de Roma, onde exerceu como profesor ata 2011. Posteriormente, foi nomeado vicerreitor do Pontifico Colexio Portugués en Roma, do que sería reitor do 2005 ao 2011. Foi nomeado bispo de Bragança-Miranda en 2011.

Desde 2016, é membro do Dicasterio para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos da Santa Sede. No ámbito da Conferencia Episcopal Portuguesa; desde 2014 é presidente da Comisión Episcopal de Liturxia e Espiritualidade; desde 2017, vogal do Consello Permanente e, desde 2018, delegado dos Congresos Eucarísticos Internacionais.

O 3 de decembro de 2021 é nomeado arcebispo metropolitano de Braga.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp