15 de Xaneiro de 2025,
San Mauro abad

O arcebispo de Santiago  as charlas coresmais organizadas pola Acción Católica

O arcebispo de Santiago  as charlas coresmais organizadas pola Acción Católica

O sábado 9 de marzo, de 10.30 a 12.30 horas, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, impartirá a primeira charla coresmal organizada pola Acción Católica Xeneral (ACX) de Tui-Vigo.

Esta proposta desenvólvese na diocese desde hai máis de 20 anos e está aberta a todos; neste sentido, a ACX de Tui-Vigo fai un chamamento a parroquias, movementos, asociacións e fieis en xeral a participar nas charlas, que son unha boa oportunidade para profundar no significado da Coresma, tempo especial de penitencia e conversión que  prepara para a Pascua.