13 de Decembro de 2024

,

Santa Lucía
13 de Decembro de 2024

,

Santa Lucía

O arciprestado de Vigo-Fragoso celebra os 50 anos de Cáritas

O arciprestado de Vigo-Fragoso celebra os 50 anos de Cáritas

O pasado decembro pechouse o cincuentenario de Cáritas, mais as parroquias continúan recollendo os froitos non só das celebracións deste aniversario, senón destes “50 anos camiñando cos pobres”.

En concreto, o arciprestado vigués de Vigo-Fragoso, recolle este lema para organizar unha mesa redonda o próximo día 13 ás 19:00h. no Colexio “San Juan Bosco” das Salesianas (r/Estrada, 5).

Amais, unha semana despois, o día 20 de febreiro, celebrarase unha Eucaristía de Acción de Grazas polos froitos da actividade socio-caritativa da Igrexa diocesana e en particular no arciprestado. Será na Parroquia de Nosa Señora do Rocío, tamén ás 19:00h.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp