17 de Marzo de 2026,
San Patricio

O Balneario de Laias  acolleu o curso interdiocesano de Pastoral da Saúde

O Balneario de Laias  acolleu o curso interdiocesano de Pastoral da Saúde
FOTO.- Participantes en el cursillo tras la eucaristía presidida por el obispo de Oursense, Mons. Leonardo Lemos | © Delegación de Pastoral de la Salud de Tui-Vigo.

O sábado 26 de outubro, o Balneario de Laias  acolleu o curso interdiocesano de Pastoral da Saúde que, cada ano, organizan as dioceses da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, a xornada virou ao redor do lema «Esperanza e enfermidade: a visión cristiá da dor». Ademais da formación, os participantes gozaron de momentos de confraternización e descanso nas piscinas termais do balneario.

A formación contou con dous relatorios teóricos: a primeira, sobre a historia da medicina e como se enfronta aos sentimentos que produce a enfermidade no ser humano; a segunda, sobre os sentimentos que suscita a enfermidade na historia da literatura universal, con especial fincapé na literatura cristiá. A directora da residencia xeriátrica Divino Mestre de Ourense relatou algunhas das necesidades existentes no mundo da terceira idade e a Hospitalidade da nosa Señora de Lourdes contou como axudan a soportar a enfermidade desde un punto de vista cristián. A mañá de formación finalizou con testemuños de diversas asociacións que acompañan enfermos, para coñecer as actividades que realizan e como buscan lograr unha plena integración destas persoas na sociedade actual.

Pola tarde, despois de gozar de momentos de confraternización e lecer nas piscinas termais do balneario, os participantes asistiron á eucaristía presidia polo bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos, na igrexa de Santa Baia de Laias. 

O curso está pensado para voluntarios de Pastoral da Saúde, Hospitalidade de Lourdes, grupos parroquiais, familias de enfermos, persoal sanitario, coidadores, empregados de residencias e centros asistenciais, consagrados, sacerdotes, seminaristas e outras persoas interesadas.