20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

O Belén monumental de As Neves

O Belén monumental de As Neves

No tempo de Advento, una das máis fermosas tradicións e que nos axudan a prepararnos para o nacemento de Xesús é a de montar o Presebe en familia.

Seguindo a tradición familiar, Ana confeccionou un Belén coas figuras que representan o nacemento de Cristo instalado no local de Comercial Doca, próxima á parroquia de As Neves en Teis. Pero este Presebe ten algo especial: o seu tamaño monumental, que ten sido ampliado ao longo do tempo por máis de dúas décadas: dende o Misterio coas principais figuras ata a representación da Anunciación, a recreación da vila romana, Exipto, etc.

Dende a súa instalación, o Nacemento ten chamado a atención de todos aqueles que o visitan e do propio Bispo, que no mes de decembro se achegou a bendecilo. Podes ver o vídeo deste emocionante momento no noso canal de YouTube.

O Belén pódese visitar de luns a venres de 9 a 13 e de 16 a 19.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp