A Vigairía Xeral da Diocese de Tui-Vigo informou o pasado 16 de marzo de que, perante a situación creada pola expansión do virus Covid19, para evitar a propagación da enfermidade e en cumprimento da normativa gobernamental e as indicacións dos bispos da provincia eclesiástica de Santiago, a Curia diocesana atenderá nos días hábiles e en horario habitual (de 9:30h a 13:30h) a tódalas persoas que teñan asuntos urxentes que tratar e previa chamada telefónica (teléfono 986 375 153)
É desexo de todos contribuír, con toda a dispoñibilidade posible, ás necesidades do pobo de Deus, especialmente nestes momentos, ás espera de novas indicacións e, en principio, ata despois de Semana Santa.