29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

O bispo acode á presentación dunha “Vieira non Camiño”

O bispo acode á presentación dunha “Vieira non Camiño”

Hoxe, venres 26 de marzo, ás 12 da mañá, o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro acudiu á inauguración da segunda “Vieira non  Camiño” que creou o artista ourensán Manuel  Penín, mide tres metros de alto e está situada na praza de Galicia de Tui.

Ao acto organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, en colaboración coa Xunta de Galicia, asistiron, entre outras personalidades da cidade tudense, o delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez; o director xeral de Comercio, Manuel  Heredía Pérez; o alcalde Enrique Cabaleiro acompañado dos concelleiros de comercio e turismo; o comandante naval do Miño, Juan Díaz Rodríguez; o capitán da  comandancia da Garda Civil, Francisco Javier  Martí; e o xefe da Policía Local, Manuel Arca.

Con este Monumento dá Vieira, as entidades colaboradoras queren resaltar, tal e como expresou Luis López Diéguez na súa conta de Instagram, «a importancia e a centralidade de Tui no Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela», coincidindo co inicio do Ano Xacobeo que o papa Francisco prorrogou ata o 2022 con motivo da pandemia da Covid-19.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp