Cada ano os sacerdotes e seminaristas reúnense en Tui o 13 de maio para revivir, como se fixo en 1921, a consagración do Seminario ao Corazón de Xesús. Recentemente converteron tamén esa ocasión en escusa para felicitar e homenaxear aos compañeiros presbíteros que no ano celebren as súas vodas sacerdotais de diamante, ouro e prata. Este ano corresponde homenaxear ao bispo de Abancay (Perú), monseñor Gilberto Gómez, que é natural de Albeos (Crecente) e a 7 sacerdotes máis.
O programa iniciarase ás 11.00 horas, no salón de actos do Seminario Menor, coa conferencia «Ministerio orante: a oración na vida do sacerdote» a cargo de Florentino Pérez Vaquero, director da Subcomisión para Seminarios da Conferencia Episcopal Española. Ás 12.15 horas, na anexa igrexa de san Francisco, celebrarase a eucaristía tras a cual ten lugar a renovación da consagración ao Corazón de Xesús ante a centenaria imaxe erixida no claustro do Seminario tudense. Conclúe a xornada sacerdotal cunha comida de confraternidade, ao final da cual homenaxéase, entre recordos e bromas, ao bispo de Abancay, polo 50 aniversario da súa ordenación sacerdotal, e a 7 sacerdotes desta diocese que, este ano, celebran as súas vodas sacerdotais.
Seguramente nas súas respectivas parroquias ou comunidades nas que serven estes sacerdotes recibirán posteriormente, na data adecuada, a felicitación polos seus anos de entrega.
- Celebran as súas Vodas de Diamante (60 anos): Jesús Montero Barreira.
- Vodas de Ouro (50 anos): Mons. Gilberto Gómez, Julio Ramos Rodríguez, Manuel Ángel Rodríguez Luís, Antonio Galves Tomey (claretiano) e Leoncio Mulero Collantes (carmelita).
- Vodas de Prata (25 anos): Miguel Ángel Castro Quintero e José Benito Cividanes Alonso.
Sobre esas vidas calladas de servizo ministerial en moi diversas tarefas destacamos soamente algunhas referidas aos sacerdotes diocesanos de Tui-Vigo.
VODAS DE DIAMANTE (60 anos)
Jesús Montero Barreira
Recibiu o sacramento da orde o 29 de xuño de 1965, en Vigo. Ao longo do seu ministerio sacerdotal, exerceu como auxiliar de administración da curia diocesana e como párroco das comunidades parroquiais de Vilaza , Parada de Miñor e Camos. Desde 1979 é párroco en Beade .
VODAS DE OURO (50 anos)
Mons. Gilberto Gómez
Ordenado sacerdote o 14 de setembro de 1975. Durante os seus primeiros anos como presbítero foi vice-reitor do Seminario Menor «San Paio», en Tui. En 1985, comezou a súa andaina como misioneiro, na diocese de Abancay, onde foi reitor do Seminario Menor e, máis tarde, do Maior; tamén exerceu como párroco de Tamburco. En 2002, Juan Pablo II nomeouno bispo titular de Mozotcori e auxiliar de Abancay. Desde 2009, é bispo de Abancay.
Julio Ramos Rodríguez
Ordenado sacerdote o 14 de novembro de 1975, en Vigo. Desenvolveu o seu ministerio sacerdotal nas parroquias de Redondela, Vilasobroso, Cumiar, Oliveira, Teis, o Sacro Corazón de Xesús e O Rosal. A nivel diocesano, foi formador do Seminario Maior, membro do Consello diocesano para Asuntos Económicos e delegado do Fondo Común Diocesano.
Manuel Ángel Rodríguez Luís
Recibiu o sacramento da orde sacerdotal o 14 de setembro de 1975, en Vigo. É licenciado en Dereito Canónico e, durante anos, foi xuíz diocesano. Desde 2007 é párroco de Santa Teresa de Xesús en Vigo. Previamente, desenvolveu o seu ministerio presbiteral en Valladares, Couso e Donas. Tamén foi misioneiro na Prelatura de Yanyos (Perú) e en Ibarra (Ecuador).
Antonio Gálvez Tomey (Claretiano)
Naceu en Ariza (Zaragoza) en 1950. Entrou no Seminario de Alagón (Zaragoza)en 1961. A súa primeira profesión de fe como relixioso foi en 1968. Máis tarde, o 29 de xuño de 1975, recibiu o sacramento da Orde Sacerdotal no seu pobo natal. É licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Tras os seus estudos, destinóuselle, primeiro, a Requena e, despois, a Calatayud para traballar na Pastoral Vocacional e na formación de seminaristas. A partir de 1980, traballou en diferentes parroquias de Murcia, Zaragoza, Ciudad Real e Valencia. En 2023, chegou a Vigo, onde foi nomeado vigairo parroquial do Corazón de María.
Leoncio Mulero Collantes (Carmelita)
Natural de Bolaños de Campos (Valladolid). Foi ordenado sacerdote o 19 de xullo de 1975. Obtivo a licenciatura en Teoloxía e Catequética no Instituto Santo Pío X de Salamanca. Tras ser ordenado presbítero, a súa congregación enviouno a Ecuador, onde estivo 6 anos en dúas parroquias de Quito e Guayaquil. De regreso a España, estivo, durante 15 anos, en Gijón traballando con mozos e na catequese infantil. Seguidamente, pasou 18 anos en Oviedo ata ser trasladado á Coruña e, despois, en Vigo.
VODAS DE PRATA (25 anos)
Miguel Ángel Castro Quintero
Sacerdote desde o 19 de marzo do ano 2000. Na actualidade párroco da Cañiza, Achas e Deva. Previamente, estivo nas parroquias de Morgadáns , Couso e Chaín. Ao pouco de ordenarse, foi nomeado vigairo parroquial da nosa Señora do Rocío en Vigo.
José Benito Cividanes Alonso
Recibiu o sacramento da orde sacerdotal o 4 de novembro do ano 2000, en A Guarda. Na actualidade, é párroco en Paraños, Covelo e Vilasobroso. Previamente foi enviado a Mondariz , Meirol, Mouriscados e Queimadelos.