10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

O bispo de Tui-Vigo agradece o labor da vida consagrada

O bispo de Tui-Vigo agradece o labor da vida consagrada

Os acordes de Abre mis puertas do grupo de música católico  Ain  Karem anunciaron o inicio da celebración  eucarística que o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidiu para celebrar a Xornada Mundial da Vida Consagrada que a Igrexa celebrou o pasado martes, 2 de febreiro, coincidindo coa festa da Presentación de Xesús no Templo. A música asolagou o Corazón de María —situado na rúa Honduras de Vigo— pero no templo non había nin rastro do coro.

Un centenar de persoas, moitos deles relixiosos e relixiosas de vida consagrada, reuníronse para festexar o seu día grande nunha convocatoria que quere revalorizar o testemuño de quen elixiu seguir a Cristo de preto. A través da canle de Youtube da parroquia, unha trintena de pantallas visualizaban a misa en directo, probablemente, os membros das comunidades que, por idade ou por aforo, non puideron asistir  presencialmente ao acto.

O bispo, Luís Quinteiro, agradeceu o labor realizado polas diferentes comunidades de vida consagrada presentes na Diocese de Tui-Vigo que se converteron nun piar fundamental para o desenvolvemento da actividade pastoral e  caritativa. Neste sentido, o pastor da Igrexa pediu, ao fío da lectura da primeira carta aos Corintios, que «os consagrados e consagradas continúen manténdose como ese espello de vida nova que nos transmiten unha parábola de fraternidade» encarnando as palabras proclamadas de San Paulo «ai de min se non anuncio o Evanxeo!».

Actualmente, a Diocese de Tui-Vigo conta con cincuenta e seis comunidades de vida consagrada —vida  contemplativa, activa e  apostólica, máis dous institutos seculares— con presenza en oito parroquias da cidade de Vigo, dezaseis centros educativos e nove centros de acollida social. En total, tal e como explicaba o delegado diocesano para a Vida Consagrada, Alfredo García, no programa de COPE O espello de Tui-Vigo, o pasado venres 29 de xaneiro, estas cincuenta e seis comunidades suman trescentos sesenta e sete consagrados —douscentos oitenta e oito mulleres e setenta e nove homes—.

Na eucaristía  estiveron especialmente presentes os consagrados e consagradas falecidas no último ano por mor da pandemia do covid-19: irmán José María Núñez Lamas, salesiano; sor Mariña Vázquez Fernández,  clarisa de Tui; irmá María Jesús Núñez, das franciscanas hospitalarias de Tui; e dona Conchita Lacruz Cuervo, da Alianza de Jesús por María. Tamén se fixo mención especial a esas congregacións que este ano están de especial celebración: a Orde de Predicadores (Dominicos) polo oitavo centenario da morte o seu fundador, Domingo de  Guzmán; as irmás  xesuitinas da Compañía de Xesús polo 150 aniversario da súa fundación; e as franciscanas do Divino Pastor polo 25 aniversario da  beatificación da súa fundadora, Ana María  Mogas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp