O vindeiro martes, 27 de setembro, ás 19:30 horas, na sede A Fundación de Vigo, o bispo de Tui-Vigo asistirá á presentación dos libros É Cristo que pasa e Amigos de Deus, de san José María Escrivá de Balaguer, que foron traducidos ao galego por Araceli Filgueira Iglesias e publicados pola editorial viguesa Agoeiro.
A pintora Marieta Quesada será a encargada de presentar as diferentes intervencións nas que participarán, ademais de Mons. Luís Quinteiro, Ignacio Aparisi, vigairo do Opus Dei, Jorge Alonso, director de Agoeiro, e Rosa Montenegro, pedagoga e escritora.