13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo
13 de Outubro de 2024

,

Santo Teófilo

O bispo de Tui-Vigo asistiu ao curso de formación para novos bispos en Roma

O bispo de Tui-Vigo asistiu ao curso de formación para novos bispos en Roma
FOTO.- Mons. Antonio Valín saluda personalmente al papa Francisco | © Diocese de Tui-Vigo

Do 15 ao 21 de setembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, asistiu ao curso de formación para novos bispos, que se desenvolveu no colexio apostólico San Paolo e na Pontificia Universidade Urbaniana de Roma. Ademais, o xoves 19 de setembro, tras a eucaristía na basílica de San Pedro, todos os participantes no curso tiveron oportunidade de reunirse co papa Francisco na Aula Clementina do Vaticano e saudalo persoalmente

O encontro contou coa participación de 153 prelados ordenados nos últimos 12 meses e procedentes de 46 países —7 deles españois—, que, durante a semana, mantiveron encontros cos prefectos de diferentes dicasterios da Curia Romana. O Dicasterio para os Bispos explicou que foron «días intensos de formación e comuñón, facendo cos novos Bispos unha experiencia concreta do don da colexialidade episcopal en adhesión afectiva e efectiva co sucesor de Pedro».

FOTO.- Mons. Antonio Valín, junto a los demás obispos españoles, tras la misa en la basílica de San Pedro | © Diocese de Tui-Vigo
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp