16 de Xaneiro de 2025,
San Marcelo I

O bispo de Tui-Vigo celebrará a solemnidade da Inmaculada Concepción en Tui e en Vigo

O bispo de Tui-Vigo celebrará a solemnidade da Inmaculada Concepción en Tui e en Vigo
FOTO.- Imagen de la Inmaculada Concepción, en Plz. España, en Roma | © Olivia Fernandez Sosa, para Pexels

Con motivo da celebración da solemnidade litúrxica da Inmaculada Concepción, que a Igrexa conmemora, cada ano, o 8 de decembro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a eucaristía o domingo, ás 13.00 horas, na catedral de Santa María de Tui. A véspera do sábado, presidirá a eucaristía no templo parroquial do Corazón de María en Vigo, ás 20.30 horas, no marco da vixilia para mozas que organiza a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese.

Desde decembro de 1760, a Inmaculada é patroa de España grazas á bula «Quantum Ornamenti», publicada polo papa Clemente XIII. Tan só uns meses despois, o rei Carlos III ratificábao nun decreto-lei polo que proclamaba patroa de todos os seus reinos «a esta señora no misterio da súa Inmaculada Concepción».

Vixilia da Inmaculada para a mocidade