3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

O bispo de Tui-Vigo celebrou o «Día de Reis» en Tui

O bispo de Tui-Vigo celebrou o «Día de Reis» en Tui

Como cada ano, coincidindo coa solemnidade da Epifanía do Señor, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a eucaristía na catedral de Tui e lembrou a todos os fieis presentes que «a salvación de Deus non se restrinxe a un pobo, a unha etnia, é para todos». Unha vez finalizada a celebración litúrxica, os nenos e nenas presentes no templo catedralicio fixeron entregan ao bispo dun presente que «pediran aos reis», como un xesto de agarimo cara ao pastor da Igrexa diocesana co que festexan o tradicional «Día de Reis».

Durante a súa intervención, Mons. Luís Quinteiro manifestou que «nun día como hoxe, nós expresamos a universalidade da redención do fillo de Deus. Deus vén no seu fillo Xesucristo a salvar ao mundo enteiro. A Igrexa sempre o viviu como unha dimensión esencial de si mesma». Neste sentido, pediu a todos os presentes que «non renunciemos a esa expansión do Evanxeo, que non renunciemos a manifestar a nosa fe alí onde nos/nos atopemos; que sintamos como urxencia propia da Igrexa o ser misioneiros».

O prelado tudense tamén fixo mención ao falecemento do papa emérito, Bieito XVI, en concreto, falou das palabras que o santo pai expresou no seu testamento espiritual: «mantédevos firmes na fe!». Así, ao fío das palabras de Bieito XVI, Mons. Luís Quinteiro dirixiuse aos presentes con estas palabras: «é un excelente recordatorio para as nosas vidas: non perdamos a fe. Sobre todo, teñamos a confianza de que esa fe, máis aló de todas as dificultades, manterase sempre viva».

Solemnidad de la Epifanía del Señor 2023 | © Carol B.
El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidió la eucaristía en la catedral de Tui, con motivo de la Epifanía del Señor
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp