25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

O bispo de Tui-Vigo crea o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo

O bispo de Tui-Vigo crea o Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo
Foto: Acto de clausura de «Ágora: Escuela de Teología, Ministerios y Servicios».

O 29 de xullo de 2022, memoria litúrxica de Santa Marta, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, decretou a creación do Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo coa finalidade de coidar da preparación académica dos alumnos do Seminario Maior de Tui-Vigo, velar pola formación permanente do clero, atender á formación dos candidatos ao diaconado permanente e ofrecer formación teolóxica aos fieis laicos da diocese e aos relixiosos, especialmente en orde á súa capacitación ara desempeñar diversos ministerios eclesiais. Este decreto entrará en vigor o día 1 de setembro de 2022.

O Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo rexerase en todo o posible polos estatutos do Instituto Teolóxico aprobados no ano 2022, mantendo ademais a estrutura vixente ata o de agora —dirección, secretaria, xunta de goberno e claustro— e, con idénticas funcións, manteranse as comisións de biblioteca e publicacións. Tamén se continuará coa publicación do Anuario Telmus.

Esta decisión de crear un centro teolóxico leva a cabo tras a suspensión da afiliación da Facultade de Teoloxía da UPSA do Instituto Teolóxico «San Xosé» de Vigo e o interese do bispo de Tui-Vigo de velar pola formación teolóxica na diocese.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp