O vindeiro martes, 8 de marzo, festa de San Juan de Deus, ás 11:30 horas, o bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía na capela do Fogar-Clínica San Rafael de Vigo da Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus.
Na actualidade, este centro ofrece atención a máis de 230 persoas con discapacidade intelectual nas áreas educativa, ocupacional e residencial e, en rehabilitación (atención temperá e logopedia), a máis de 450 persoas. Tal e como indica o seu nome, é máis que un Centro, é un fogar que realiza unha atención integral e humana ás persoas con discapacidade intelectual, fomentando o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
Quen era San Juan de Deus?
Xoán Ciudad naceu en 1495, nun pequeno pobo portugués: Montemor o Novo, na rexión do Alentejo. Ata os corenta anos viviu diversas aventuras e traballou en diversos oficios como pastor, soldado, albanel e libreiro.
Tras a súa conversión relixiosa, entre 1538-1539, Xoán de Deus funda o seu primeiro hospital revolucionario para a súa época; polo trato e calor humano que os enfermos reciben de Juan e os seus compañeiros, e pioneiro na actividade asistencial; foi o primeiro en separar aos pacientes polo tipo de enfermidade que sufrían e destinou unha cama para cada enfermo.
Morre o 8 de marzo de 1550.
En 1886 foi proclamado Patrón dos Hospitais e dos Enfermos. En 1930, Patrón dos Enfermeiros e das súas Asociacións. Ademais, é Patrón do Corpo de Bombeiros pola súa actuación durante a extinción dun incendio declarado no Hospital Real de Granada, do que conseguiu sacar ilesos a cuantos enfermos atopábanse no seu interior.
Fonte: web oficial da Orde Hospitalaria de San Juan de Deus.