19 de Abril de 2025,
San León IX

O bispo de Tui-Vigo preside a misa da Reconquista

O bispo de Tui-Vigo preside a misa da Reconquista
FOTO.- Mons. Antonio Valín, en la eucaristía presidia en la concatedral-basílica | © Diocese de Tui-Vigo

Mañá, venres 28 de marzo, ás 10.30 horas, na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá, por primeira vez, a tradicional misa da Reconquista. Está previsto que asistan á celebración distintas personalidades do goberno municipal, así como autoridades civís e militares.

A Coral Casabranca cantará a misa e interpretará o himno ao Santísimo Cristo da Vitoria, ao finalizar a celebración litúrxica.

Esta celebración conmemora A Reconquista, alzamento popular que permitiu recuperar Vigo en 1809 da ocupación das tropas napoleónicas pola intercesión do Cristo da Vitoria. Para os exércitos de Napoleón, foi a primeira ocasión na historia en que debían retirarse dunha praza conquistada en Europa.