11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

O bispo de Tui-Vigo presidiu a misa da Transfiguración en Soutomaior

O bispo de Tui-Vigo presidiu a misa da Transfiguración en Soutomaior
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo presidiendo la eucaristía en Soutomaior | © Diocese de Tui-Vigo

O martes 6 de agosto, ás 20.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidiu a eucaristía no templo parroquial do Divino Salvador de Soutomaior con motivo da celebración na honra ao patrón desta comunidade. Antes de comezar a misa, o bispo recibiu a chegada de todas as imaxes da igrexa que, durante os días previos, residiron en casas culturais ou particulares dos fieis da parroquia.

O pasado 28 de xullo, a comunidade parroquial do Divino Salvador de Soutomaior comezou a preparación desta celebración co rezo diario da novena na honra ao seu patrón, que cada ano se celebra o 6 de agosto coincidindo coa festa litúrxica da Transfiguración do Señor, e tamén na honra a san Caetano, festa que a parroquia celebrou ao día seguinte, 7 de agosto, na capela do castelo de Soutomaior.

Imáxenes da igrexa de Soutomaior

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp