9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía do Carme organizada pola Comunidade Marítima de Vigo

O bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía do Carme organizada pola Comunidade Marítima de Vigo
Imagen de archivo de una procesión de la Virgen del Carmen en la ría de Vigo | © CEPESCA

O sábado, 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía en honra á patroa dos mariñeiros, ás 17 horas no interior da sala do Mercado, engalanado para esta ocasión. A Comunidade Marítima de Vigo, apoiada pola diocese de Tui-Vigo, promoveu a recuperación desta tradicional celebración de actos, que non se realiza desde hai 20 anos.

Os actos comezarán ás 16:30 horas desde o templo parroquial de San Francisco de Vigo, desde onde partirá procesión coa imaxe da Virxe ata o Porto Pesqueiro. Instalada a imaxe á beira do altar, ás 17 horas dará comezo a eucaristía.

Tras a misa, un representante da Comunidade Marítima pronunciará unhas breves palabras destacando a intensidade e importancia que no ámbito marítimo ten a veneración da nosa Señora do Carmen e, a continuación, realizarase unha ofrenda floral á Virxe, á vez que se entoa a tradicional Salve Mariñeira.

Finalizada a ofrenda, a imaxe trasladarase a unha das embarcacións da Confraría e, acto seguido, dará comezo, a partir das 18.00 horas, a procesión marítima pola Ría de Vigo, na que participarán máis dunha vintena de embarcacións do cerco, capitaneadas polo buque insignia da Autoridade Portuaria de Vigo, o “Rías Baixas”. Por motivos de seguridade, a procesión marítima terá un aforo limitado, aínda que se habilitarán espazos desde o paseo que rodea a Terminal de coches de Bouzas, o monte da Guía, ou o propio dique do Berbés, onde se habilitará unha zona para o estacionamento dos vehículos.

De regreso a Vigo, e fronte ao dique do Porto Pesqueiro, realizarase a tradicional ofrenda floral á Virxe, que será visible desde distintas zonas da cidade cara ás 20.00 horas. Ao finalizar a procesión marítima, portearase a imaxe á Igrexa de San Francisco, dando así por finalizada a celebración.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp