5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

O bispo de Tui-Vigo presidirá a vixilia diocesana de Pentecoste

O bispo de Tui-Vigo presidirá a vixilia diocesana de Pentecoste

A delegación episcopal de Apostolado  Segrar da Diocese de Tui-Vigo organiza unha vixilia presidida polo bispo  Mons. Luís Quinteiro para celebrase a Xornada da Acción Católica e o Apostolado  Segrar que, cada ano, a Igrexa católica de España conmemora na solemnidade de  Pentecoste. O acto terá lugar no templo parroquial do Sacro Corazón de Vigo ás 20 horas deste sábado, 22 de maio.

Nunha carta dirixida aos párrocos, axentes de pastoral e responsables de movementos  apostólicos, Juan José González, delegado diocesano de Apostolado  Seglar, convida a «vivir un renovado  Pentecoste capaz de animarnos, ilusionarnos e fortalecer os nosos soños na vivencia persoal da fe e na tarefa cristiá do apostolado».

O lema da Xornada deste ano, «Os soños constrúense xuntos», está inspirado na na mensaxe da  Fratelli  Tutti —a carta  encíclica sobre a fraternidade e a amizade social publicada polo papa Francisco en outubro de 2020— e o traballo desenvolvido no Congreso Nacional de Laicos, organizado en Madrid en febreiro do pasado ano, que contou coa participación de 16 representantes de diferentes realidades eclesiais da Diocese de Tui-Vigo.

Con esta Xornada da Acción Católica e o Apostolado  Seglar, a Igrexa en España quere continuar o camiño iniciado no Congreso impulsando a conversión pastoral e misioneira do  laicado en todas as dioceses. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp