12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

O bispo de Tui-Vigo presidirá la misa en San Xurxo de Saiáns

O bispo de Tui-Vigo presidirá la misa en San Xurxo de Saiáns

Este domingo, 20 de xuño, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, presidirá a eucaristía dominical ás 12:30  hrs en San Xurxo de Saiáns con motivo dos 100 anos da reconstrución do templo que en 1998 foi constituída parroquia. 

A asociación de veciños, o concello de Vigo e a comunidade parroquial de San Xurxo tamén organizaron un programa de actos para celebrar a ocasión, pola mañá, cun concerto da banda de música  lira de San Miguel de Oia; pola tarde, ás 19:00 horas, cun intre de animación infantil organizado polo grupo  Koremi seguido, ás 20:30 horas, dun concerto do dúo  Acordeireta. Ademais destes actos, tamén se editou un libro que recolle os 100 anos de historia deste templo cuxa publicación, que inicialmente estaba prevista para este domingo, farase ao longo das próximas semanas.

San Xurxo de Saiáns forma parte do rico patrimonio artístico e cultural da diocese de Tui-Vigo que, actualmente, conta con preto de 400 templos —276 parroquiais xunto a 120 capelas ou anexos—. Desde o 3 de decembro de 1998, o centenario templo converteuse en comunidade parroquial, desmembrándose así da parroquia de San Miguel de Oia, mediante o decreto asinado polo bispo emérito  Mons. José Diéguez, que se publicou no Boletín Oficial do Bispado daquel mesmo ano, e dispoñible na seguinte ligazón.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp