O venres 16 de agosto, ás 12.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés, presidirá a eucaristía solemne na honra a san Roque na capela do Pazo dedicada ao santo; a continuación, a imaxe do patrón dos peregrinos procesionará polas rúas do barrio da cidade olívica. Haberá misas ao longo de todo o día, ás 08.00, 09.00, 10.00, 11.00, 17.00 e 18.00 horas.
A maiores, o sábado 17 de agosto, ás 12.00 horas, celebrarase unha eucaristía polos falecidos da Irmandade e os devotos de san Roque. Posteriormente, a imaxe do santo procesionará polas rúas da parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita.