O mércores, 3 de marzo, o bispo de Tui-Vigo se reunión cos catorce arciprestes da Diocese no Seminario Maior San Xosé de Vigo para valorar a situación actual que vive a Igrexa diocesana e informar sobre asuntos eclesiais referirvos, especialmente, á Vigairía de Economía.
Na súa intervención inicial, Mons. Luís Quinteiro destacou o papel dos arciprestes como principais canles de comunicación cunha dobre función: por unha banda, recoller a realidade cotiá e complexa das comunidades parroquiais de toda a Diocese; por outra, visibilizar e transmitir as diferentes accións aos párrocos para crear unha rede de traballo eclesial.
Debido ao contexto marcado por restricións e inestabilidade social, o pastor da Igrexa de Tui-Vigo destacou a urxencia de reformular a acción pastoral que se viu gravemente afectada pola pandemia do Covid-19. Neste sentido, convidou á proactividade buscando novas formulas e solucións, fomentando unha Igrexa máis confesante que regrese á centralidade da fe, capaz de adaptarse á situación actual para que os fieis cristiáns non releguen a dimensión espiritual da vida a un segundo plano.
Entre os asuntos tratados, Jesús Carracedo, vigairo de Economía, explicou aos arciprestes é o novo procedemento que a cinco Diocese galegas adoptaron para optimizar o tratamento administrativo das celebracións de exequias, que se comezou a implementar desde o pasado 1 de marzo.
Seguindo a liña marcada pola Conferencia Episcopal Española en materia de transparencia, Jesús Carracedo debullou as problemáticas suscitadas sobre as inmatriculacións e bens da Igrexa para partir da listaxe elaborada polo Goberno e enviado ao Congreso dos Deputados.