11 de Abril de 2026,
San Estanislao

O bispo de Tui-Vigo valorou o seu primeiro ano de episcopado en COPE Vigo

O bispo de Tui-Vigo valorou o seu primeiro ano de episcopado en COPE Vigo
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo (izq.) en los estudios de COPE Vigo, junto a José Jardón, redactor de la emisora | © Diocese de Tui-Vigo

O pasado 20 de xullo, cumpriuse o primeiro aniversario da ordenación episcopal de monseñor Antonio Valín, como bispo de Tui-Vigo. Nunha entrevista concedida a COPE Vigo, o prelado subliñou que foi un ano «moi intenso, pero moi rico», do que afirma cumprir o seu obxectivo de coñecer persoas e realidades do territorio diocesano: «isto axudoume a que a xente me coñecera. Unha vez que coñeces a alguén e empezas a falar, entón é cando podemos falar de proxectos, historias, cousas que se poden facer».

Durante a entrevista, o bispo destacou varios desafíos para o futuro inmediato da diocese: por unha banda, a corresponsabilidade dos laicos, xa que «a Igrexa é de todos e cada un ten o seu papel e aí temos que seguir traballando»; e, doutra, a reorganización diocesana, porque «temos que empezar a pensar en zonas, as chamadas “unidades pastorais”, co que todo iso significa. Se podemos, a idea é ir arrincando algunhas destas realidades durante o curso que vén».

Para o próximo curso pastoral, monseñor Antonio Valín, bispo de Tui-Vigo, desexa «seguir construíndo en familia». Así, concluía a entrevista afirmando que «ese sentido comunitario non o podemos perder na diocese. Todo o contrario, hai que potencialo e cuanto máis o potenciemos máis nos sentiremos familia e máis traballaremos en conxunto». 

Podes escoitar a entrevista completa na web de COPE Vigo a través da seguinte ligazón.