O pasado xoves, 6 de outubro, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acudiu ao centro das Escravas da Virxe Dolorosa de Mos para visitar ás relixiosas do centro que este ano están a celebrar o 45º aniversario da fundación do centro. A esta celebración sumouse 60º aniversario do centro que as Escravas teñen en Crecente e que, debido ás restricións sanitarias estipuladas por mor da pandemia da covid-19, non se puido celebrar con propiedade durante o pasado ano 2021.
Aproveitando os dous aniversarios dos dous centros que as Escravas da Virxe Dolorosa teñen na diocese de Tui-Vigo, durante a pasada semana, organizáronse unha serie de actos, entre eles, un encontro de centros de toda España o que supuxo que ao redor de 200 persoas visitasen os centros de Mos e Crecente. Ademais, o pasado mércores tamén se celebrou unha eucaristía, que contou coa presenza de Mons. Luís Quinteiro, na catedral de Santiago de Compostela, no marco do Ano Santo Compostelán para así gañar o xubileu.
A congregación de Escravas da Virxe Dolorosa aposta pola calidade dos seus centros e, xunto cos seus principios relixiosos, busca que as mulleres que apoian vivan coa dignidade e a felicidade que merecen, para converterse nun referente no traballo de atención a mulleres e como organización relixiosa comprometida por garantir unha atención integral onde conflúan no día a día os valores relixiosos da congregación cos aspectos técnicos, éticos e profesionais. En concreto, en Galicia, os centros de Crecente e Mos atenden a mulleres con discapacidade intelectual grazas a un amplo equipo de profesionais —persoal profesional docente, educadores ou profesionais médicos e da saúde mental, entre outros—.



