Coincidindo coa festividade da virxe da Mercé, patroa dos internos e persoal dos centros penais, o martes 24 de setembro, o bispo de Tui-Vigo acudiu ao Centro Penal da Lama, para coñecer máis en profundidade o labor que desenvolve a delegación diocesana de Pastoral Penal. Alí, presidiu a eucaristía cun grupo de internos e asistiu ao acto organizado pola institución, que tamén contou coa presenza de diversas autoridades civís e militares.
Cada ano, a Administración Penitenciaria celebra a festa da súa patroa e homenaxea a aquelas persoas ou entidades colaboradoras que contribúen á mellora dos servizos e actividades do ámbito penal, coa vontade de que sirva de estímulo e recoñecemento dos profesionais que traballan nela e das organizacións cidadás que colaboran no proceso de reinserción social das persoas privadas de liberdade.