A confraría do Santísimo Cristo da Vitoria de Vigo concedeu o titulo de confrade de honra ao bispo emérito de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, co que recoñece a súa traxectoria episcopal e a súa especial devoción ao Santísimo Cristo. A cerimonia de imposición de medallas dos novos confrades e do bispo emérito, terá lugar na concatedral-basílica de Vigo, o venres 26 de xullo, ás 20.00 horas —ata entón, aínda se poderá solicitar o alta como confrade e ter a medalla que distingue aos membros da confraría—, coincidindo co comezo da novena en honra ao Cristo.
Do 26 de xullo ao 3 de agosto, a misa das 12.00 horas será oficiada por un párroco diferente da zona centro da cidade. Polas tardes, os cultos comezarán ás 19.30 horas e será Mons. Julián Barrio Barrio, arcebispo emérito de Santiago de Compostela, quen predique a novena, ás 20.00 horas.
Durante os días de cultos, unha coral diferente da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (Acopovi) cantará as misas da tarde. O domingo 4 de agosto, festa en honra ao Cristo da Vitoria, ás 11.00 horas, a Coral Casabranca cantará a misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín Valdés.
Todas as misas do novenario poderanse seguir por webcam a través de www.cristodevigo.es.
