10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva
10 de Outubro de 2024

,

Santo Tomás de Villanueva

O bispo lembra que «a nosa Semana Santa irá adiante coa axuda de todos»

O bispo lembra que «a nosa Semana Santa irá adiante coa axuda de todos»
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo bendice olivos, ramas y palmas en Porta do Sol.

O templo parroquial de María Auxiliadora en Vigo acolleu a celebración do Domingo de Ramos que presidiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, acompañado polos nenos e as nenas de Catequeses ao redor do altar. Neste entrañable contexto, o prelado tudense lembrou que «a nosa Semana Santa irá adianta coa axuda de todos, colaborando todos», porque «hai un sentido común cristián, de asemblea cristiá, a pesar de que cada un ten a súa propia maneira de entender a vida». Así, Mons. Luís Quinteiro deu grazas a deus «por todos os colaboradores que están a axudar a que a nosa Semana Santa sexa significativa para a cidade. Non para presumir de nada, senón para anunciar a Xesucristo e para aquelas persoas que creen sentan que a súa fe está viva». 

Celebrar a Semana Santa para os cristiáns, tal e como explicou o bispo de Tui-Vigo, non é unha mera cuestión histórica, senón que é «traer de novo á nosa vida o misterio eterno da salvación de Dios: a morte e resurrección de Xesucristo que dá sentido á nosa vida. Por iso, se hai persoas cristiás que, neste día, non senten nada teñen que preguntar que pasa nas súas vidas, porque son días decisivos, fundamentais, da nosa fe».

Finalizada a eucaristía do Domingo de Ramos, na que se rememora a entrada de Xesús en Xerusalén e os acontecementos sucesivos cara á súa Paixón e morte, a imaxe da Borriquita encheu de algarabía as rúas da cidade olívica. Desde os máis pequenos ata os maiores, todos alzaban palmas, ramos e oliveiras ao paso da Borriquita, que se detivo, brevemente, á súa chegada a Pota do Sol. Alí, miles de persoas de todas as idades esperaban para recibir a bendición do prelado de Tui-Vigo.

Durante o seu percorrido desde a igrexa de María Auxiliadora, ata o templo de Santiago o Maior de Vigo, a Borriquita foi acompañada por representantes das autoridades civís, militares e eclesiásticas. Por última vez, ante o templo de Santiago de Vigo, alzáronse as mans dos devotos que esperaban, con fe, achegarse á Borriquita.

Os actos da Semana Santa de Vigo deron comezo o pasado 14 de marzo co pregón a cargo do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto. Ao longo dos próximos días, continuarán as celebracións e oficios presididos polo bispo de Tui-Vigo na concatedral-basílica de Santa María. O Domingo de Resurrección, ás 12 horas, Mons. Luís Quinteiro celebrará a eucaristía no templo catedralicio de Tui

A diocese de Tui-Vigo quere dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do concello vigués e impulsar as expresións de fe na semana principal do calendario cristián. Para iso, desde o pasado mes de febreiro, a delegación episcopal para a Semana Santa de Vigo levou a cabo reunións cos principais axentes implicados para organizar a programación dos distintos actos que conforman esta imprescindible cita.

Domingo de Ramos en Vigo 2024 | © Diocese Tui-Vigo
« de 20 »

La catedral de Tui acoge la celebración del Domingo de Ramos

La plaza de San Fernando en Tui acogió la tradicional bendición de ramos, palmas y olivos con la que la Iglesia rememora la entrada de Jesús en Jerusalén. Tras la bendición, los fieles siguieron la imagen de la Borriquita que procesionó por las calles de la ciudad, hasta regresar al templo catedralicio donde tuvo lugar la celebración de la eucaristía presidida por el deán de la catedral, José Diéguez Dieppa.

El obispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro, presidirá las celebraciones del Jueves y Viernes Santo, así como la vigilia pascual, en la concatedral-basílica de Santa María. En cambio, el Domingo de Resurrección, a las 12 horas, presidirá la misa pascual en el templo catedralicio.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp