O Mércores Santo, 13 de abril de 2022, ás 12 horas da mañá, o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiuza presidiu na catedral tudense a Misa Crismal concelebrada con numerosos sacerdotes do presbiterio diocesano, que nesa cerimonia renovarvos os seus compromisos sacerdotais para “actualizar no tempo, o sacerdocio de Xesucristo”, expresou o prelado.
Durante a celebración desta mañá, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, destacou a importancia da vida de oración, poñendo especial énfase na espiritualidade do libro dos Salmos, como parte esencial da vida presbiteral: “os salmos son o corazón do pobo crente; foron os que, ao longo dos séculos, guiaron a fe do noso pobo, no que Xesucristo viviu”. Ademais, destacou que “os sacerdotes temos ese oficio divino de perpetuar a oración da Igrexa que se expresa nos salmos” e engadiu que “unha das necesidades máis urxentes, os sacerdotes habemos de renovar a nosa espiritualidade; e esa espiritualidade fundaméntase na fidelidade á nosa promesa do oficio divino, do rezo diario dos salmos nas horas canónigas”.
A Misa Crismal, así presidida polo bispo e concelebrada cos presbíteros da Diocese, é unha celebración destinada a consagrar o santo Crisma —por iso, “misa crismal”— e tamén a bendicir os óleos ou aceites que se usarán para unxir aos enfermos e aos que se van a bautizar ou catecúmenos.
O Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, unxir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.
Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión dos sacerdotes con el.