O Mércores Santo, 31 de marzo, ás 12 horas da mañá, o bispo de Tui-Vigo Luís Quinteiro Fiuza presidirá na catedral tudense a Misa Crismal concelebrada con numerosos sacerdotes do presbiterio diocesano, que nesa cerimonia renovan os seus compromisos sacerdotais.
A Misa Crismal, así presidida polo bispo e concelebrada cos presbíteros da Diocese, é unha celebración destinada a consagrar o santo Crisma —por iso, “misa crismal”— e tamén a bendicir os óleos ou aceites que se usarán para unxir aos enfermos e aos que se van a bautizar ou catecúmenos.
O Crisma é utilizado para signar aos bautizados e aqueles que reciben o sacramento da confirmación, ungir nas mans aos que serán ordenados presbíteros, e na cabeza aos que serán consagrados bispos, así como para a dedicación dunha igrexa ou dun altar.
Esta celebración é considerada como unha das principais manifestacións da plenitude sacerdotal do bispo e é tamén signo da estreita unión dos sacerdotes con el.